Vigo goza ata o domingo cos Viños do Ribeiro

Numerosos agasallos directos e sorteos premian aos clientes que proban os ribeiros en doce establecementos da cidade

O C.R.D.O. Ribeiro e os seus viños seguen a ser protagonistas en Vigo, coa celebración da campaña Ribeiro de Copas.

ribeiro de copas 2Ata o domingo 22 de decembro, un total de 12 destacados establecementos da cidade olívica ofrecen unha ampla gama de viños de 15 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro para degustar en copa ou botella, e todos os clientes que gocen con eles participan en promocións especiais.

Outros atractivos para os clientes son os agasallos directos ou sorteos de estancias de turismo na Ruta do Viño do Ribeiro, cunha completa fin de semana chea de actividades en torno aos viños e a oferta lúdica ribeirá.

A listaxe de establecementos vigueses escenario do Ribeiro de Copas 2013 fórmana Albaría, El Amante, Tapéame, Vinoteca Cabernet, El Cortijo Tapería, La Trastienda del Cuatro, Lume de Carozo, O Lagharto Pintado, Baraciña, Buqué Enoteca, La Casineta e Tío Chan. Neles, os consumidores poden descubrir unha ampla gama de viños e elaboracións da Denominación.

As adegas participantes son Nairoa, Viña da Cal, Casal de Armán, Pazo Casanova, Coto de Gomariz, Cuñas Davia, Bodegas Alanís, Bodegas O’ Ventosela, Terra do Castelo, Francisco Fernández, Bodegas Val de Souto, Genus de Vinum, Vilerma, Viña Costeira e Viña Mein.

Ata o próximo sábado, un grupo de sumilleres convidados achéganse os distintos locais para introducir os diferentes viños entre os consumidores, e mellorar o seu coñecemento sobre os mesmos. Unha das súas funcións é espertar a curiosidade e descubrir novas marcas e novos matices nos viños da Denominación de Orixe.

Os sumilleres convidados son Mercedes González, Xosé Otero, Ramón Montilla, Julián Rodríguez e Antonio Portela, encargados de ofrecer e explicar as características dos ribeiros brancos e tintos nos distintos locais participantes.

Viños da D.O. Ribeiro que se ofrecen en cada local participante

Albaría (García Olloqui, 7) ofrece na súa carta de viños os seguintes ribeiros: Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (xoves 19 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

En El Amante (Joaquín Yáñez, 17) están dispoñibles Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e Vilerma (xoves 19 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

En El Cortijo Tapería (Rosalía de Castro, 59) pódense atopar numerosos ribeiros coma Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto ou Vilerma (xoves 19 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

Tío Chan (República Argentina, 6) ofrece Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (xoves 19 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

Os ribeiros de Baraciña (García Olloqui, 9) son Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (venres 20 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

Na carta de Buqué Enoteca (Palma, 9) están Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (venres 20 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

En La Casineta (Victoria, 4) están dispoñibles os ribeiros Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e Vilerma (venres 20 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

En Vinoteca Cabernet (Teófilo Llorente, 29 A) a carta de ribeiros abrangue os seguintes: Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (venres 20 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

En Tapéame (Praza de Compostela, 2) o catálogo de viños conta co Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 21 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

En La Trastienda del Cuatro (Pablo Morillo, 4) os ribeiros que se ofertan son: Casal de Armán, Casanova, Cuñas Davia, Gran Leiriña e Terra Minei (sábado 21 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

O Lume de Carozo (Joaquín Yáñez, 5) conta na súa listaxe cos ribeiros Alberte, Alter, Versatus, Viña Costeira e Viña Mein (sábado 21 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

O Lagharto Pintado (Rosalía de Castro, 8) conta na súa carta cos viños Coto de Gomariz, Gran Alanís, Terra do Castelo Treixadura, Val de Souto e Vilerma (sábado 21 de decembro de 20.00 a 23.00 horas).

Máis información en www.ribeiro.es

En Twitter: @CRDO_Ribeiro

En Facebook: https://www.facebook.com/DenominacionOrixeRibeiro

Añadir Comentario